Crémos na tradición e na modernidade
Xeracións de experiencia
A tradición do Postoiro
Postoiro SCG é unha cooperativa dedicada á produción e comercialización de produtos hortícolas, situada no concello de Vilar de Santos, ao sur da provincia de Ourense.
No ano 1996 comezamos traballando con 5 hectáreas, froito da iniciativa de 7 socios da comarca da Limia co obxectivo de promover a introdución de novos cultivos nesta zona, centrada naquela época principalmente na produción de pataca e cereal. Neses primeiros anos, algúns destes socios estaban a producir cebola e decidiron seguir apostando e traballando para producir cebola e outros produtos da horta.
Do campo á túa mesa
Na actualidade contamos con 42 hectáreas e producimos cebola; repolo rizado, liso e de corazón; cabaza, tanto violín como de “Samaín”; puerro; brécol; coliflor e, por suposto, pataca.
Do mesmo xeito que coa cebola, buscamos ter variedades autóctonas e facemos un manexo sostible, con rotación dos cultivos e sen apurar os seus ciclos.
A familia Postoiro
Entre os valores que rexen o traballo de Postoiro SCG destacan a aposta clara e decidida pola agricultura como medio de vida, loitando e defendendo sempre a nosa terra. Actualmente somos 8 traballadores, maioría mulleres.
¿Queres ser postoirista?
Se queres formar parte da familia Postoiro e, así, crecer todos xuntos e alcanzar metas máis altas, non dubides en contactar connosco… Estamos á túa espera!