Evolucionando os nosos produtos
Postoiradas, Postoiro 2.o
Dende Postoiro queremos avanzar cara a un uso total dos nosos produtos. Por iso, creamos unha serie de derivados elaborados a partir do que para moitos son restos, pero para nós son ingredientes listos para traballar. Unha aposta para aumentar a rendibilidade dos nosos cultivos, cun enfoque respectuoso co medio ambiente e, en definitiva, co noso futuro.
Marmelucas de cabaza
Esta marmelada naceu das moitas ideas que ten o noso técnico, Lucas. Elaborada a partir do sabor tan característico da cabaza cacahuete, pero aderezada con toques cítricos.
Recomendámoslle empregar esta delicia tanto nas súas torradas de pequeno almorzo como nun momento especial acompañando unha “tosta” con queixo.
Cebola caramelizada
A xoia da coroa dos nosos cultivos, a cebola de Vilar, merecía unha elaboración á altura. E así naceu esta “marmelucas” que concentra todo o sabor da nosa cebola pero mostrando o seu lado máis doce. Pode disfrutar desta delicia tanto nunha hamburguesa como en pinchos acompañando ao seu queixo favorito. Unha combinación perfecta.
Marmeluca de Cabaza
Cebola caramelizada
¿Queres ser postoirista?
Se queres formar parte da familia Postoiro e, así, crecer todos xuntos e alcanzar metas máis altas, non dubides en contactar connosco… Estamos á túa espera!